Comentarios
A harmonía das cores, austeras, matizadas coa superposición de varias capas de pintura, e a forza dos trazos xestuais determinan o espacio do cadro no que se desenvolve unha delicada transición entre o interior e a superficie. Alterna o xesto enérxico, similar en forza e presencia ó de Kline ou Motherwell, cunha pintura delicada de efecto tan sutil como o de certas obras xaponesas. É o seu un universo plástico que aspira á poesía pura profundando no concepto de "necesidade interior" da creación artística.
Exposiciones
Nova Sala de Exposicións Caixavigo, Vigo 1997.