Comentarios
Un floreiro con flores soltas ocupa a táboa. Son flores azuis, alaranxadas, moradas, brancas e lilas, configuradas cunha mirada inxenua, allea ás convencións académicas do tema do floreiro, deixando trasluci-lo seu refinado talento de colorista e a busca dunha arte pura, case edénica, con cadros que comunican vida da maneira máis delicada e tenra.