Comentarios
Representa unha paisaxe con figuras e animais á beira dun río de augas tranquilas que abre a escena ata o fondo, envolto en luminosas néboas de tenue ton rosado. Unha grande árbore con follas, elaboradas con pincelada solta, enmarca a composición á que os personaxes dan un sabor costumista. A integración das pequenas figuras, de calidade miniaturística, e a natureza envolta nunha imprecisa e especial luminosidade danlle un certo efecto de fantasía cun acento romántico
Bibliografía
Arias Anglés, Juan Enrique: J. Pérez Villaamil.
A Coruña, Edit. Atlántico, 1980.