Serie cuadrados

- INV:
- 2289
- Año de creación:
- 1996
- Dimensiones:
- 100 x 100 x 0
- Técnica:
- Acrílico/tea
Comentarios
O cadro constrúese con catro teas cadradas tensadas en bastidores independentes e unidas entre si pola parte de atrás. O conxunto ofrece a aparencia dunha trama sutil de trémulos cadradiños, ou unha rede velada que non existe máis que polo noso desexo de ver algo no cadro. A cor laranxa aparece atrapada coma nun tecido no que non se pode separa-la textura da cor, con variacións case imperceptibles que afectan ó conxunto da obra, coa sensación de inestabilidade, e inducíndonos a diferencia-la claridade, a sombra e a profundidade cunha mesma cor.Exposiciones
“Artistas do taller de arte actual por Lucio Muñoz”, Lepina, 1997.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.