Blade Runner II

- INV:
- 2292
- Año de creación:
- 1997
- Dimensiones:
- 105 x 82 x 0
- Técnica:
- Mixta/Tea
Comentarios
A obra de Xaime ten esa enerxía preguntadeira da inquietude. Igual ca George Grosz en Metrópolis reflicte a atmosfera apocalíptica da cidade en tempos de guerra; el, impresionado polas cidades do futuro que nos mostra Blade Runner, propón unha paisaxe virtual, configurada con sombras xeométricas, a partir de plantillas perforadas, como celosías móbiles, que constitúen unha trama de luces en movemento, azuis, marelas, vermellas, que se superpoñen e interpenetran con matices íntimos. Na súa memoria está unha cidade dominada pola cibernética, na que todo está robotizado con réplicas de seres humanos. É a cidade que nos presenta para o 2019 a película cinematográfica Blade Runner, cuns efectos visuais que Xaime plasma en tres obras ás que dá o mesmo título do filme de Jerry Perenchio e Bud Yorkin.Exposiciones
“Sala Visol” Ourense 1998; “Nova Sala de Exposicións Caixavigo”, 1998.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.