Comentarios
Fiel á súa maneira de facer e coherente consigo mesmo, busca a raíz da súa simboloxía no seu contorno máis inmediato. Distribúe sobre a mesa, de forma meditada, froitas e verduras de temporada, castañas, uvas, granadas ou alcachofas, dentro de recipientes, ou soltas, agrupadas ó redor dun gran cubo vermello decorado con siluetas de figuras humanas. Formas e cores integrándose cun halo irreal, e unha fascinación case metafísica polo motivo.