Comentarios
Dúas caracolas e unha póla de flores que caen coma un acio de cor vermella entre as dúas cunchas, son os motivos dispostos no cadro, executado de forma apaixonada, con densa materia que se amorea nos puntos nos que se detén o pincel, cedendo ós impulsos do pintor, que deixa ve-la trama da tea nalgunhas zonas xogando co contraste de cores, con reflexos e con sombras.
Bibliografía
F. Pablos "O secundario elevado ó protagonismo" na presentación do catálogo da exposición "Bodegóns e Floreiros", reproducido co núm. 19.
Exposiciones
“Bodegóns e Floreiros, Colección Caixavigo” no Centro Cultural Caixavigo, 1998.