Comentarios
A temática de Mª del Carmen Corredoira céntrase en interiores ós que chega a luz a través dunha porta ou ventá, ou en tipos populares, principalmente campesiñas galegas. Posúe coma Jan Vermeer unha nota poética inconfundible. É capáz de captar ese silencio dun momento que case non transcende, no que a penas vibra a intimidade e o recollemento. No presente retrato de medio busto, a modelo, coa mirada baixa e a expresión seria pero doce, destaca de perfil, sobre un fondo neutro verdoso. O seu aspecto xuvenil aparece subliñado polo colorido do pano típico da campesiña galega, que leva atado á cabeza. Cóbrese cun manto, como se fora á misa ou á feira, que lle cae polas costas enmarcando a súa cabeza con sombras que dan ambiente ó retrato, executado cunha materia fina e lisa que deixa ve-lo groso gran do soporte e que aumenta de espesor nos puntos de luz da cara e na textura do pano e da blusa branca que asoma polo escote.