Comentarios
Recordar unha paisaxe desde a visión da infancia ou asociala coa ilustración dun conto ten unha gran dificultade porque, se ben podemos reconstruí-los nosos propios asombros infantís, máis difícil nos resulta recupera-las súas luces.Peteiro sitúanos fronte á sospeita deste privilexio, de ver cómo nun ceo marelo nadan os peixes, e cómo na terra falan as árbores. E resulta que este ámbito así descrito e enmarcado nos parece exótico. Ás veces semella que apunta direccións, que anota misteriosos itinerarios. Nesta converxencia de formas, cores e elementos gráficos e figurativos xorde a fantasía e o movemento, sobre o que asenta o peculiar universo pictórico de Peteiro.
Bibliografía
José M. García Iglesias "Peteiro" catálogo da exposición na Estación Marítima de A Coruña de 1998 reproducido na p. 20
Exposiciones
“Peteiro” Galería Punto, Valencia 1996; “Peteiro” en Estación Marítima A Coruña, 1998.