Comentarios
Nunha atmósfera dominada polas cores da terra, e case confundida con ela vemos a imaxe dunha lebre cercada por un valo. Pero esto non é mais que un estímulo visual, a obra rebasa a estética do que vemos e cárgase de connotacións filosóficas e antropolóxicas. A lebre é en Cerviño un signo recorrente que se converte nunha función do seu pensamento. Para el, igual que para Beuys, a lebre é un símbolo. Denota a forma acazapada na materia, que nace dela. Significa o movemento, o nomadismo, o crecemento e a multiplicación. Cerviño establece unha asociación de ideas e de emocións ao presentarnos a figura do animal privado da súa liberdade, rodeado por estacas, nun soporte constituído por tres teas, unidas como se se tratara dun tríptico que realza a escenificación do motivo.
Bibliografía
"Gólgota Suite" catálogo da exposición, coa obra reproducida na portada.
Exposiciones
“Precios” Concello da Coruña 1997; “Gólgota Suite” sala de exposicións de Caixa Madrid en Pontevedra, 1998.