Romería

- INV:
- 2394
- Año de creación:
- 1953
- Dimensiones:
- 123 x 399 x 0
- Técnica:
- Mixta/soporte tradicional (arranque strappo)
Comentarios
Este mural, o mesmo có de “La Vista de Vigo” desta mesma colección, forma parte da serie de murais de Lugrís que se atopaban no antigo edificio do Hotel Moderno de Vigo, situado na Porta do Sol. Este tamén como os outros foi despegado en 1977 e restaurado anos máis tarde, despois de permanecer case quince anos gardado.A romaría é un dos temas preferidos de Lugrís. Nela sempre aparecen a igrexa, o pazo e un descampado no que os campesiños bailan e celebran a festa. Todo isto vémolo ordenado nunha visión panorámica con campos parcelados, árbores con altos troncos espidos, estilizadas copas e o mar coas illas no horizonte. Unha paisaxe que, así descrita, parece tan natural en Galicia, ó vela nos seus cadros se nos amosa con certo aire de prodixio, froito da fantasía do pintor que o plasma con cores luminosas e a vexetación idealizada, característica das súas paisaxes.
Bibliografía
carmen Parada "Lugrís y Colmeiro:de la pared al lienzo" reproducido cunha fotografía de Benito en La Voz de Galicia 5/12/1991:Pablo López "Lugrises de las paredes" reproducido con fotografías de Magar,Faro de Vigo 16/2/1992; Conversas mantidas con Teresa Orrio dende o seu taller de Compostela en 1999Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.