Comentarios
Unha serie de recipientes de uso cotián, tazas, vasos, xerras e unha teteira, destacan ordenados nunha estantería de estructura xeométrica que ocupa toda a superficie do cadro. Eses obxectos caseiros, separados da vida diaria, selecccionados entre outros, quedan impregnados de silencio cun aire abstracto do que xorde a poesía. Trazos fluídos delimitan as súas formas nun conxunto no que predomina unha entoación de marróns e verdes con leves toques de luz, creando un ambiente intimista que máis cá realidade reflecte o mirar e o sentir do propio artista.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 49.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,
outubro, 1996.