Comentarios
Algo de rito máxico e de crenzas en antigos cultos populares representa a pintura. Na praia, a esa hora en que as luces do serán empezan a dar paso á noite, una moza de pé, metida no mar, déixase acariciar polas augas da mar. E, a certa distancia, en primeiro plano, como empuxada cara a nós, outra muller, de máis idade, envolta nun manto mira de fronte, silenciosa, desde unha esquina do cadro, como se estivera dotada para ve-lo que está ocorrendo ás súas costas e esperase. Pero por riba da carga literaria que lle queiramos dar está a realidade física do cadro, o contraste das cores, fucsias, rosas, azuis e mouras; a arriscada perspectiva e o encadramento da composición, elementos todos eles que converxen na especial maneira de pintar de Pérez Bellas.
Bibliografía
VV.AA.“Pérez Bellas” catálogo da antolóxica nº 38 da serie Grandes Artistas Galegos, coa obra reproducida na páx. 60.
Exposiciones
“Pérez Bellas” Exposición Antolóxica no Centro Cultural Caixavigo, 1999.