Comentarios
A obra está realizada na súa primeira etapa de Barcelona, antes de ir a Atenas, cando comezou a expoñer na Galería Matisse. Mantén na composición ese diálogo, tan representativo das súas creacións, entre a figura e a sombra, á que reivindica como algo tan físico e real como a propia figura. É un diálogo íntimo, que ten lugar nun interior. A sombra adiántase e colócase case no bordo da tea, transformándose na principal protagonista da cadro, ordenado cunha enérxica articulación de formas sintéticas, cheas de movemento, con gama de ocres, sienas, negros e verdosos. Atrás quedan xa os grises de cando pintaba en Leiro.
Reproducciones
"Colección Caixavigo". Tomo 4, páxina 328.