Comentarios
As siluetas de dous loitadores, detidos nun momento da pelexa, constitúen o centro da obra. O balanceo dos seus corpos xera un espacio salpicado de sombras que non parece o fondo do cadro senón un elemento vivo, activado pola espiral que envolve ás dúas figuras e continúa fóra da tea cun ritmo de voltas indefinido. Plasma Cerviño un espacio plástico con ocres, marróns e tons mouros e avermellados, que se expanden polas tres teas que conforman o soporte da obra, cun modo de expresarse propio, característico. “O título non é máis cá banda sonora do cadro, que ten máis que ver coa pincelada ca co significado das palabras en si” declara o pintor. Pero as asociacións son inevitables. A voracidade da Mantis, o abrazo das figuras e o icono da liña intermitente dunha estrada son claves que xeran pensamentos.
Bibliografía
Comentarios de A. Cerviño nunha entrevista concedida á Voz de Galicia, 29/1/99: Alberto González Alegre e A. Ruiz de Samaniego no catálogo da exposición “Gólgota Suite” coa obra reproducida.
Exposiciones
“Gólgota Suite” en Caixa Madrid, Pontevedra, 1998; “Arco 98” stand de Ad Hoc; “In corpore sano” exposición organizada con motivo do 75 aniversario da Fundación do Celta, na Casa das Artes de Vigo.