Comentarios
Coa escritura como fondo e a colaxe das mazás superpostas, realizou varias obras que responden ó proxecto dun artista que se move dentro dunha traxectoria de risco, imaxinación e sensibilidade provocadora, cunha conciencia transgresora que nos pode levar a múltiples asociacións: desde claves recoñecidas na mitoloxía da cultura occidental, ás mazás de Yoko Ono, pasando por unha sutil ironía non exenta dunha carga simbólica. As mazás, enmarcadas dentro do propio cadro, son como un canto ó natural que conleva un retorno ó auténtico, os tempos en que o home podía conectar coa natureza. Neste sentido é a súa unha pintura de protesta e de crítica, elaborada cunha plasticidade que realza as vetas propias da madeira, e o xogo entre a forma redonda e suave das mazás e a racional e rectilínea do cadrado. Pero esto non é máis ca unha lectura, o cadro ten moitas.
Bibliografía
-Pontevedra con Centroamérica” catálogo da puxa a beneficio dos damnificados polo Furacán Mitch, Deputación Provincial de Pontevedra 1999 coa obra reproducida na páx. 65.
Exposiciones
No Auditorio de Caixavigo co motivo da poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitch. 1999.