Comentarios
O faro é o icono figurativo da composición, que presenta o espacio fragmentado en dous ámbitos activados pola cor. A pequena arquitectura, rigorosamente construída, sitúase case no centro da tea. É unha pintura lixeiramente matérica, enfatizada con gradacións e densidades de pigmentos que liberan a fantasía do seu autor con ecos do expresionismo abstracto, producindo sensacións de luz e de sombra, de mar e de neve, en gama de brancos, negros e azuis.