Comentarios
A obra pertence á serie "Evocacións". Lévanos Carro ó momento mesmo e ó espacio exacto da evocación que, transportada á táboa, se fai pintura. O impacto desa pintura sucada de xestos e texturas táctiles, en contacto coas imaxes traídas como instantáneas desde a memoria do seu autor é representativo da intensidade dos esquemas pictóricos do artista nunha composición na que resaltan vermellos, marelos e negros.
Exposiciones
"VII Certame de Pintura Cajasur-Caixa de Galicia" 1999.