Sin título

- INV:
- 2464
- Año de creación:
- 1999
- Dimensiones:
- 175 x 300 x 0
- Técnica:
- Díptico, acrílico/tea
Comentarios
A estética do infinito ou o enigma do labirinto son ideas que nos veñen á cabeza ó contempla-lo díptico, concibido por encima de calquera consideración simbólica da vida ou de trascendencia do espacio. Tatiana tece unha intrincada malla de estructuras superpostas que son liñas e campos de forza que se cruzan nunha arañeira de cores negras, vermellas, verdes e amarelas con luces que producen un suave pestañeo. Este xogo de entrelazados foi interpretado por moitos como mapas ou vistas de cidades, redes de comunicación o unha trama de ramas e lianas de altísimas árbores que non nos deixan ve-lo ceo. É unha obra aberta, é a expresión plástica do pensamento da artista que busca o esencial no camiño aberto por Piet Mondrian e Mark Tobey.
EXPOSICIÓNS: "Novos camiñantes", Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, Xacobeo 1999; ARCO 2000 Galería scq.
BIBLIOGRAFÍA:
"Novos Camiñantes", catálogo da exposición coa obra reproducida pp.132 e 133.
Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” en el Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
Reproducciones
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.