JARDÍN TROPICAL

- INV:
- 2501
- Año de creación:
- 2000
- Dimensiones:
- 65 x 92 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
A cor e a luz son os elementos fundamentais da obra que nos somerxe directamente na natureza. A paisaxe convértese nun instrumento para manter viva a pintura, executada con expresivas pinceladas que brotan con naturalidade, con xestos libres que se expanden pola superficie impregnándoa dunha luminosidade que traspasa os límites do cadro.