Comentarios
O maniquí, un motivo tan emblemático da pintura metafísica, tan cercano á estética de Chirico ou de Carlos Carrá, non ten en Maruja Mallo nada de inquedante ou enigmático. Ocupa con el o centro da composición e xoga cunha serie de obxectos que se superpoñen en distintos planos, producindo un efecto de movemento activado pola postura contraposta da figura feminina do maniquí. Nas estampas que realiza nesta época domina un ambiente surrealista, malia non haber nelas un automatismo psíquico, etiqueta que nunca lle gustou á pintora que lle puxeran.
Bibliografía
Ana Vázquez de Parga “¿Maruja Mallo Surrealista?” en “Maruja Mallo”, Xunta de Galicia, 1993, reproducida a estampa na páx. 340.