• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Bodegón

ANTÓN LAMAZARES

Bodegón
INV:
2516
Año de creación:
1985 - 1993
Dimensiones:
152 x 200 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre cartón e madeira

Comentarios

A gran complexidade do mundo interior deste pintor-poeta lévao a reelaborar, nos anos noventa, obras ideadas a mediados da década dos oitenta xestando unha obra aberta, sempre disposta para ser reinterpretada.

Sobre cartón e materiais de refugallo, reciclados, cosidos con cordas e completados con incisións, signos e rupturas, preséntase unha obra vibrante onde a luz é un elemento fundamental, acadada mediante o emprego de vernices que discorren sobre a superficie ondulante dos cartóns e dos traveseiros de madeira que soportan a obra e a conciben como un todo, como un obxecto integral e independente.

A creación, absolutamente matérica e vital, ofrece un resultado final que, aínda que en moitos casos está condicionado polos ácidos empregados no proceso de traballo, na peza as incisións sobre o cartón parecen simular formas de corazón. A elección da madeira e o cartón rizado como elementos de expresión débese, en palabras de Antón Castro, a que son "un material secuencial para dirimir agresións, texturas e iconografías cosidas".

Lamazares é un autor que pode traballar en varias series á vez. Sen dúbida imbuído pola poética da serie na que estaba somerxido neste momento, "Gracias Vagabundas", onde as naturezas aludían ó milagre da vida, recreábanse no antropolóxico inundando todo dun sentimento relixioso, o autor concibe esta peza onde se intúe a austeridade e a sobriedade das naturezas mortas de Zurbarán ou Sánchez Cotón.



EXPOSICIÓNS:

"Lamazares". Setembro-outubro de 2000. Galería de Arte Contemporáneo VGO, Vigo

Exposiciones

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002.  Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78