SIN TÍTULO

- INV:
- 2534
- Año de creación:
- 1999
- Dimensiones:
- 30 x 20 x 0
- Técnica:
- Cibachrome
Comentarios
Retrato dunha moza disposta de tres cuartos en semipenumbra. O fondo é totalmente negro pero a rapaza permite que o espectador goze do seu rostro, bañado pola luz dourada que penetra pola dereita.
É evidente a influencia na obra da pintura holandesa, de Veermer de Delf e dos seus retratos de mulleres, realizados con absoluta simplicidade e delicadeza.
A luz ocupa un lugar fundamental na composición, onde o interese se centra no xogo de claroscuros, que conseguen transmitir unha dualidade de emocións onde o sentimento de recollemento case relixioso se contrapón coa sensualidade da rapaza, que aflora na súa mirada e no seu sorriso.
Exposiciones
"ARCO 2001". Do 9 ó 15 de febreiro de 2001. Galería Pedro Oliveira. Palacio de Exposicións Juan Carlos I. Madrid.