La Somme

- INV:
- 2542
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 250 x 235 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre tela/seda
Comentarios
Sobre un fondo irreal, provocado pola luminosidade da seda transparente e o fluír da cor, o autor dispón unha estancia privada, un tocador.A habitación sitúase sobre un fondo, unha superficie independente, dinámica, con verdes e laranxas, xerando un efecto parecido á sobreimpresión, á unión de dúas obras sen relación aparente entre si. A combinación dun debuxo preciso sobre un fondo estampado, de grandes manchas de cor que se derreten e dilúen, realza o trazo firme, os brancos perfís do mobiliario.
O gusto polo narrativo cáptase nunha obra chea de simbolismos ocultos que deixa entrever influencias de David Hockney na reproducción dunha das imaxes iconográficas propias do Pop, a vivenda, símbolo do status e do confort doméstico.
A aparición do título, plasmado mediante letras mecanizadas, dá a clave sobre o sentido último da peza, a súa reflexión sobre a guerra, as batallas e os libros de batallas. O río Somme foi o escenario da ofensiva francobritánica que abriu a fronte de Verdún en 1916, co que a obra supón o contraste de situacións bélicas con escenarios íntimos e persoais.
EXPOSICIÓNS:
"Jesús Vázquez. Batallas". Do 16 de novembro ó 16 de decembro de 1993. Sala de Cultura Carlos III, Universidade Pública de Navarra, Navarra
REPRODUCCIÓNS:
"Jesús Vázquez. Batallas". Salamanca, 1993, páx. 13
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.