Siena

- INV:
- 2574
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 200 x 200 x 0
- Técnica:
- Mixta sobre táboa
Comentarios
Vicente Prego, mediante unha mirada actual e lúcida, ofrece unha das panorámicas máis interesantes do gótico italiano.
A obra, presentada entre a reproducción dunha típica postal turística e a crítica, ofrece unha vista da cidade de Siena. A horizontalidade da paisaxe urbana contrarréstase coa verticalidade da torre Mangia do concello, que ocupa o centro de atención da composición, dando paso, ó fondo, á catedral coa cúpula de Nicolá Pisano, captando, nun único enfoque, os dous símbolos arquitectónicos da cidade toscana.
O retrato urbano non pretende ser fiel á realidade, é unha metáfora, unha visión que podería reproduci-la relación do mundo actual coa arte e a cultura.
A fermosa cidade italiana está danada, a contemplación da obra complícase por mor das múltiples grafías, incisións e raiaduras que agreden a súa superficie. As cores están apagadas, os sienas e os azuis asordados, ennegrecidos polo emprego de vernices que escurecen a peza e lle confiren un aspecto antigo e desgastado, indiferente á brillante luz do Mediterráneo.
Exposiciones
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.