Penares e manchas

- INV:
- 2590
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 204 x 114 x 0
- Técnica:
- Obxecto sobre lenzo e fotografía dixital
Comentarios
O proceso reflexivo é o elemento máis importante e funciona como soporte dunha peza de gran complexidade onde se xunta a realidade fotográfica e o aceno libre, dúas propostas dun aparente antagonismo pero absolutamente implicadas e entendidas coma unha continuidade.A relación máis evidente entre a zona superior e a inferior céntrase na cor, sobria e pura. No lenzo predomina o gran campo negro, estendido mediante amplas pinceladas verticais, que se altera coa presenza do vermello tamén intuído na imaxe inferior en branco e negro con irisacións vermellas. Inserida entre ambos os dous soportes, a modo de colaxe, sitúase unha chapa metálica escrita e recortada. A presenza de dúas pranchas metálicas, que rememoran a súa serie Collages, provoca que sexan incorporadas á trama narrativa e completen a mensaxe iconográfica, acentuando o aspecto mixto da peza e proxectando a obra cara ó exterior.
Carbajo rompe o espazo físico, vai máis alá da pintura e configura unha escenografía dual para narrar unha mesma historia. Como sinala o artista, "as imaxes utilizadas nas obras remiten ó mundo das lembranzas persoais e sociais ou introducen determinados contidos e emocións". Neste caso, a fotografía dixital, nun primeiro plano, do rostro en penumbra e o lenzo manchado de negro meten o espectador nun discurso onde o silencio e a soidade da personaxe reflexiva se ve interrompida pola agresividade do vermello e a violencia da riscada que reproducen, graficamente, a sensación de dor e tristura do habitante sen identidade deste espazo íntimo e persoal.
EXPOSICIÓNS:
"Tono Carbajo". Decembro-xaneiro de 2002. Galería de Arte Contemporánea VGO, Vigo
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol.Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.