LA LLUVIA

- INV:
- 2603
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 200 x 200 x 0
- Técnica:
- Mixta sobre lenzo
Comentarios
A choiva, a humidade, a auga, son elementos naturais que, na obra de Freixanes, se humanizan para erixirse en tema, en metáforas do desamparo e a soidade xeradoras dun contexto, dun contorno que define o personaxe-vítima somerxida nun espazo envolvente, nunha atmosfera perversa e enmarañada.
O ser anónimo revélase como insignificante ante o medio aínda a pesar de que a súa silueta domina o centro da composición. Os seus esforzos para se protexer da insistente choiva coa súa chaqueta resultan inútiles e a súa impotencia simboliza a eterna loita entre o home e a natureza, entre o home e a vida.
Domina a harmonía no resultado final acadado a partir da combinación de dúas capas de pigmento finísimas que se fusionan como transparencias xerando un todo de sensacións táctiles. A base inferior, constituída polo lenzo case limpo con imprimacións de cor azul, convértese na superficie sobre a que bailan os fíos de pintura, a filigrana que, como unha tea de araña, xera unha visión borrosa e distorsionada polas gotas que se apoderan do protagonista, cunha imaxe que rememora as estampas xaponesas do Ukiyo-e, a campesiños vencidos polos monzóns, deuses fecundadores da terra.
Exposiciones
"Freixanes". Universidade de Granada. Do 15 de abril ao 30 de maio.
Reproducciones
Freixanes. Los días lentos. Universidad de Granada, Círculo de Bellas Artes, Madrid, 2002, páx. 185.Freixanes. Los días lentos. Círculo de Bellas Artes, Madrid, 2002, páx. 185.
Portada da Guía dos Libros Novos. Nº 38, marzo de 2002.