• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Coctail

JORGE CABEZAS

Coctail
INV:
2640
Año de creación:
2001
Dimensiones:
196 x 195 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo

Comentarios

A investigación continua do autor no movemento, na suxestión de ritmo nunha superficie bidimensional transfórmase, neste caso, nun interese pola acción, polas diferentes secuencias de tempo que compoñen unha historia. A obra constrúese a base de fragmentos que deben ir encaixando como un crebacabezas para darlle sentido ó conxunto de representacións disgregadas pertencentes a un mesmo momento narrativo que describen un evento social, un cóctel. Sobre un fondo matérico, areoso, con dominio das tonalidades vermellas, inxírense, como fiestras abertas, tres recadros brancos con imaxes habituais no código persoal do autor. As formas, interpretadas coma siluetas, son recoñecibles, unha cabeza fumando unha pipa, un brazo coa man estendida, unha mesa con tres copas de cristal ... Os elementos representados son cotiáns e delatan accións familiares, actos transitorios, coma o fumar onde, sen embargo, a través do fume está presente o implacable paso do tempo. A parcelación narrativa complétase coa alteración cromática do fondo, violentado verticalmente mediante unha banda de lenzo superposto, engurrado, que ofrece textura e xera novos valores lumínicos e cromáticos nunha obra de paleta parca e sobria, moi do gusto do autor. A pincelada, forte e agresiva, discorre pola superficie compoñendo manchóns, goteos, chorros, que revisten á obra de dureza, alterando a aparente banalidade da escena. EXPOSICIÓNS: "Jorge Cabezas". Marzo de 2002. Galería de Arte Alameda Vanguardia, Vigo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78