COPA E PEIXE
- INV:
- 2696
- Año de creación:
- 2002
- Dimensiones:
- 100 x 81 x 0
- Técnica:
- Mixta sobre lenzo
Comentarios
A suxestión está sempre presente na poética do autor que recrea un mundo persoal, o seu eu a través de iconografías constantes nas que priman as copas e os peixes captados nun incesante movemento.O obra retoma o pracer da imaxe, a emoción do próximo e recoñecible aceptando o diálogo co espectador. Transmite unha fascinación polo cotián, polo obxecto banal convertido en tema artístico conferíndolle certo sabor a composición clásica, a bodegón barroco. Non obstante, tra-la aparente sinxeleza do motivo, baixo o desaliño e a simplicidade formal, escóndese un desexo de comunicar, de emocionar máis alá do visual.
Os peixiños xoguetóns nadan arredor da copa que funciona como eixo de atracción, referente do discurso máxico, imaxinativo, interpretado polos peixes e a estrela. A variedade de azuis destacan sobre a neutralidade do gris de fondo que non altera o reclamo final, o pracer da contemplación e a complicidade co outro.