SIN TÍTULO
- INV:
- 2702
- Año de creación:
- 1997
- Dimensiones:
- 140 x 180 x 0
- Técnica:
- Pigmentos sobre papel
Comentarios
Cidrás é un autor comprometido coa actualidade, co contorno e, sobre todo, co home. A súa arte non foxe de cuestións sociais como a problemática urbana, a cultura, a incompatibilidade entre o natural e o industrial... temas presentados cunha mirada que madura e se enriquece de diversas vivencias nas que a experiencia das viaxes é primordial na súa poética.A influencia de Londres é evidente na súa obra. A cidade convértese en centro de atención, interésalle como paisaxe arquitectónica para o que analiza e destila á metrópole ata reducila a estrutura, a unha linguaxe puramente lineal. Abandona o carácter obxectual, o formato de maqueta na que representaba o seu ideal de mundo habitable para se meter en propostas máis sintéticas e planas que, como sinala Severino Penelas, “deixan paso a esquemas urbanos máis arreferenciais, planos e grises, neutrais no seu afastamento”.
Como o propio autor explica, sobre grandes papeis tinguidos de azul imprime as pegadas da rede urbana fretando con ceras de amarelo fluorescente. O resultado final é dunha gran coherencia, exponse á representación dun espazo que resulta artificial, planificado, eliminado a idea de caos, de vertixe, de sucidade e superpoboación por mencionar algúns dos estigmas das megalópole do século XXI.
Exposiciones
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.