CONTRABANDISTAS PASANDO LA FRONTERA

- INV:
- 2721
- Dimensiones:
- 38 x 45 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Eugenio Granell era un artista auténtico; músico, novelista e enteiramente pintor. Cargado cuns comprometidos ideais políticos, viuse obrigado a abandonar España; recaeu primeiro en Guatemala e logo en Porto Rico, onde se enchoupa desa arte popular indíxena americana que caracteriza dende entón as súas obras.Esta obra, concretamente, está inundada polo exotismo que define os seus traballos. A composición organízase nunha escena con seis personaxes, seis figuras con formas irregulares e surrealistas, sobre un fondo verde intenso. No ceo, as nubes créanse a partir de trazos grosos e ondulantes e, no chan, a terra parece tremer baixo os pés dos personaxes.
Destaca por riba de todo como auténtico protagonista da obra o exultante cromatismo, un emprego intenso da cor, sempre con base en tons vivos. Un cromatismo de amarelos, laranxas, azuis e vermellos, delimitado entre liñas negras que forman as siluetas.
Como corresponde a esta época do autor, utiliza os títulos das súas obras como un aceno máis ao surrealismo, un xogo que apenas ten que ver co verdadeiro tema da obra, pero que contribúe a resaltar a poética da súa obra.
Exposiciones
"Laxeiro e amigos na Colección Caixanova". Museo Ramón María Aller de Lalín, do 8 de febreiro ao 9 de marzo de 2008.
"Colección Caixanova. Pinceladas Galegas" Círculo de las Artes. Lugo. Do 25 de abril ao 23 de maio de 2008