LA INAUGURACIÓN DEL VOLCÁN

- INV:
- 2752
- Año de creación:
- 1976
- Dimensiones:
- 101 x 125 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Esta obra de Granell foi pintada en Nova York, cando o pintor e a súa dona vivían na rúa 115 de Broadway. Nese momento, década dos 70, a traxectoria pictórica de Eugenio Granell dá un xiro cara á figuración, afastándose da abstracción e da indefinición presente nas súas obras da década anterior. É un regreso aos motivos extraídos da realidade, na que non se deixan de lado as pautas surrealistas da poesía, a liberdade, a fantasía e a extremada sensibilidade. Os protagonistas son tres seres de aspecto antropomorfo e unha figura central que parece suxerir o volcán do título. Toda a obra créase a partir da suma de pequenas pezas que conviven con grandes elementos e que dan como resultado unhas figuras indefinidas que evocan certa figuración.A cor é un elemento característico nas obras desta década. Neste lenzo o protagonismo repártese entre a cor azul intensa e o negro característico de Granell, utilizado para vertebrar as imaxes e achegar a vibración característica de toda a súa obra.
Conforme avanzan os anos 70, o humor vai cobrando máis importancia na súa obra, case sempre da man de títulos irónicos e sorprendentes, este é o caso de "A inauguración do volcán", moi en sintonía cos títulos surrealistas que habitan toda a súa traxectoria. O tema do volcán e do lume é, ademais, un motivo recorrente na obra dos artistas instalados no movemento surrealista.
Exposiciones
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.Reproducciones
Marvelous Freedom, Vigilance of Desire. World Surrealist Exhibit, Chicago 1976.Galería Altex. Madrid, 1976.
E. Granell. Exposición antolóxica. Fundación Cultural Mapfre Vida. Madrid, 1989.
Grandes pintores. Deputación Provincial da Coruña. A Coruña, 1994.
Eugenio Granell. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.
Eugenio Granell 1912-2001. Catálogo para a súa itinerancia, Galería Guillermo de Osma. Madrid, 2003.