SIN TÍTULO

- INV:
- 2794
- Año de creación:
- 2003
- Dimensiones:
- 50 x 66 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo e táboa
Comentarios
Nesta obra de Yayo Quesada podemos observar a súa forte personalidade artística, que lle dá un nome propio dentro desa amplísima familia de pintores á que pertence.Nela podemos observar, no centro da composición, a figura dun ser humano, tombado, medio morto, como un esqueleto. Ao seu arredor encóntranse seres estraños, un gran número de formas animais que non se chegan a distinguir claramente. Raposos, polbos, peixes, esquíos, osos. Está todo mesturado e encerrado como nunha nube de pesadelo ou nunha tráxica fantasía. Utiliza para isto cores neutras, ocres, que forman espazos imprecisos e irreais, enmarcados por una masa de cores escuras que delimitan o debuxo como un tanto surrealista.