SANTA MARÍA Y CAMPILLO

- INV:
- 3322
- Año de creación:
- 1972
- Dimensiones:
- 130 x 195 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
A fachada renacentista da basílica de Santa María eríxese en emblema para amosar a beleza e nobreza do casco histórico da cidade de Pontevedra.A panorámica da urbe disponse graduada. A igrexa, coa súa portada e o seu campanario domina a composición, tanto en altura como en localización, obrigando a reordenar o resto de elementos no espazo a partir do destacado núcleo central. O burgo, coas casas apiñadas, amontoadas, rodeadas de rúas estreitas, conserva aínda exemplos da arquitectura tradicional, vivendas con soportais e casas de patín, típicas da zona costeira.
O cromatismo triste amosa unha clara preferencia polas tonalidades tostadas. Os ocres, os verdes e, sobre todo o branco, transmiten unha gran saudade, reforzada por unha pincelada empastada e grumosa que xera texturas e capta, case con desgana, o bravío do granito encalado das casas mariñeiras. A luz réndese á presenza monumental do edificio creando un aura ó seu arredor, outorgándolle o don de repregar as celaxes e de atrasar a inevitable ameaza dun ceo tormentoso.