IGLESIA BLANCA

- INV:
- 3324
- Año de creación:
- 1972
- Dimensiones:
- 80 x 100 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
A arquitectura, o xeito de tecer e concibir a paisaxe urbana poden delatar, incluso con máis fidelidade que os propios oriúndos, os elementos claves, os costumes e as herdanzas dunha cultura.A portada do templo imponse como o inmoble máis destacado, é o edificio símbolo de cohesión e de identidade dunha poboación. Ó seu arredor amoréanse en desorde casas que salpican o contorno de fiestras e tellados que non ocultan a esvelta silueta da igrexa encalada.
A variedade cromática é moi parca e imponse o branco que, a través dunha pincelada inconexa, describe nunha gama infinita, detalles cargados de significado, captando a pobreza e sucidade das barriadas, a monotonía da vida cotiá que, non obstante, acentúan a dignidade do monumento relixioso que salva a vila da vulgaridade e da indiferenza.