MADRE E HIJA

- INV:
- 3375
- Año de creación:
- 1976
- Dimensiones:
- 50 x 62 x 0
- Técnica:
- Pastel sobre papel
Comentarios
Conmove a sensación de saudade que transmite esta maternidade, a tristeza pechada nas facianas de nai e filla, concentrada nuns ollos que ven sen mirarnos.Ambas as dúas figuras, enfocadas nun directo primeiro plano, non se contemplan e, non obstante, intúese o vínculo afectivo, a tenrura depositada na proximidade do xesto, nun cariño máis físico que visual.
A selección cromática, o vermello, o negro e o branco combínanse para transmitir, dun xeito parco pero efectivo, a contención de emocións. O negro emprégase como fondo que envolve as imaxes concibidas en cromatismo cálido. Mediante un ton vermello e con trazo firme, o autor vai desvelando os rostros, modelando as faccións, captando as ánimas. O branco da vestimenta nace do soporte de papel contribuíndo a crear unha obra austera, pero dun profundo lirismo, dunha beleza na que, como expón o autor, “as partes queren estar rimando co todo e viceversa”.