CARGADORES

- INV:
- 3442
- Año de creación:
- 1969
- Dimensiones:
- 35 x 25 x 0
- Técnica:
- Pastel e lapis graxo sobre papel
Comentarios
O peirao arxentino de Mar de Prata sérvelle o autor de escenario para reencontrarse e evocar a súa infancia en Marín.O tema intrascendente de dous estibadores cargando pesados fardos xustifica a verticalidade dominante da composición reforzada pola maraña de mastros e de embarcacións que apenas permiten adiviñar o mar infinito e o horizonte en calma.
O interesante da proposta non é o tema, senón o contorno sintetizado. Solla converte os estaleiros nunha paisaxe de xeometrías, dá os seus primeiros pasos cara á abstracción das formas a través das estrañas grafías que invaden a obra coma resultado da rapidez e a improvisación que impón o debuxo. Os trazos decididos, as liñas, combínanse coas manchas e o sombreado xerando certa impresión de confusión e de caos. O cromatismo sucio, conferido polo marrón e o negro, posúe un forte valor semántico e imprímelle á escena unha maior sensación de sordidez e de dureza.