PUESTA DE SOL

- INV:
- 3506
- Año de creación:
- 1978
- Dimensiones:
- 38 x 46 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
A cor adquire o poder da palabra asumindo o compromiso de expresar a inmensidade do mar e o inexorable do tempo.A posta de sol alude ao fenómeno natural, inevitable, do paso do día á noite pero presenta, á súa vez, unha reflexión máis profunda, unha metáfora sobre a vida e a morte, sobre o principio e o fin.
A atmosfera revolta, convulsionada e frenética, contraponse a somnolencia mariña. O absoluto dominio das gradacións azul-violáceas na auga, que acentúan a sensación de frialdade e distancia, altéranse coa presenza de laranxas e amarelos solares que proclaman a tenacidade da luz, a súa resistencia a morrer regalando, co seu sacrificio, un dos maiores espectáculos da natureza.