Comentarios
A personaxe central é a nai, que, sentada nunha butaca de vimbio, posa rodeada dos seus fillos para un retrato. O maior pasa a man sobre o seu ombro, outro apóiase na butaca, ao seu carón, e o máis pequeno, sentado no colo, suxeita un paxariño coa man. O grupo destaca en primeiro termo coas figuras cortadas polo bordo inferior do cadro sobre un fondo azul, intemporal, flanqueado por matas vexetais. A fantasía dos traxes,as cores e maila observación realista dos detalles únese á afectividade familiar que irradian as figuras, nun conxunto no que a presencia do paxariño, nas mans do neno pequeno, cobra unha forte carga metafórica, convertendo a imaxe en emblema sen recorrer a elementos abstractos.