Cruz negra, escarabajo rojo

- INV:
- 3758
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 120 x 120 x 0
- Técnica:
- Cibachrome sobre aluminio
Comentarios
O universo místico que nace da cámara fotográfica de Manuel Vilariño ofrécenos obras cunha intensidade e unha personalidade artística enigmática e fascinante que nunca deixa indiferente. Bebendo, neste caso, dos bodegóns barrocos nos que a morte estaba presente sen ser a representada, constrúe unha escena, un ritual sagrado no que morte e vida se dan a man, como diferentes pezas dunha mesma roda que xira producindo a sucesión dunha e outra. En Cruz vermella, escaravello vermello (curiosamente o título ignora a cruz vermella que preside a escena) atopámonos cunha imaxe cargada de simbolismo: a elección do escaravello e das cruces como elementos protagonistas e o vermello intenso que enmarca a escena, o que nos evoca un rito mortuorio, co respecto e a beleza que só o seu autor sabe outorgar.
Exposiciones
Espazo Colección Caixanova. Exposición Permanente da Colección Caixanova. Vigo, xaneiro 2005.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
"GALICIA 25. Unha cultura para o novo século". nas cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo e A Coruña. Do 1 outubro 2008 ao 30 xaneiro 2010.
Reproducciones
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.