Paisaje con gansos

- INV:
- 3870
- Año de creación:
- 1895
- Dimensiones:
- 58 x 77 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Esta obra describe unha escena tranquila chea de lirismo. Serafín Avendaño, excelente debuxante, plasma a realidade dende un cromatismo intenso.Á dereita, unha casa, roupa tendida e unha rapaza que descansa á beira dun río. Á esquerda, o río ao que uns gansos se achegan. O interese pola natureza e as escenas rurais queda patente nesta obra, na que predomina unha paleta quente e intensa de verdes, carmíns e terras, que capta a realidade con referencias precisas. Utiliza o pincel con suavidade, dando pequenos toques cos que consegue gradacións e texturas.
Sobresae a luz natural que o envolve todo e que demostra o seu dominio do debuxo e da cor. Preocupado polo detalle, destacan os reflexos que se proxectan na auga, a terra revolta á beira do río, as roupaxes tendidas ao sol, as follas das árbores, etc.