• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Miraobras

HÉCTOR FRANCESCH

Miraobras
INV:
3885
Año de creación:
2005
Dimensiones:
120 x 120 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

Un tema simple e sinxelo para unha obra esquemática e orixinal do novo artista Héctor Francesch.

Un autor que ten, entre as súas referencias, a Luis Seoane, Jorge Castillo ou o Laboratorio de Formas de Galicia, ademais das características propias doutras linguaxes, como son o cinema, a televisión, o cómic, os anuncios, etc., onde é clara a influencia do mundo da imaxe, a cultura da manipulación.

Unha obra na que queda patente o dominio do debuxo, a través de distintas perspectivas que compón en diferentes planos. Vinculado ao deseño, utiliza símbolos e signos da cultura que o rodean, e traballa con cores planas que dotan o cadro dunha riqueza tremendamente colorista. Unha paleta que vai do vermello vivo ao ocre, con gran cantidade de tons alaranxados, pasando por azuis, grises e negros, que conseguen gran forza na imaxe e que demostran a súa incrible sensibilidade cromática.

Unha obra irónica e intelixente que conta unha historia a través dunha personaxe que identificamos no noso mundo cotián.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78