RÚA NO VENTO

- INV:
- 3916
- Año de creación:
- 2002
- Dimensiones:
- 146 x 114 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Datada no 2002, esta obra demostra que o paso do tempo non varía a personalidade artística deste pintor coherente e inconfundible. Moi ao contrario, mantense sempre nunha liña compositiva que se vai afirmando e facendo máis evidente co paso dos anos, onde a realidade explota, inundando todo o cadro de figuras e pinceladas de cor.Esta obra de De Dios é puro movemento. O vento, que lle dá título á obra, sopra forte, con violencia, no ángulo superior esquerdo. Mesmo parece haber unha liña imaxinaria, cuxo centro son eses perfectos tres chanzos, que divide a composición en dúas partes. Dende o lugar do que sopra o vento atopamos desorde e caos, representado con cores vivas e intensas, vermellos, amarelos e laranxas, con trazos veloces e inestables na pintura. O vento desordénao todo ao seu paso e crea remuíños de aire. Mesmo parece haber lapas de lume, creadas polo movemento e a cor.
Na parte inferior do lenzo, o movemento é máis moderado e permite atopar certa orde, representada con figuras xeométricas, perfectamente definidas, e cores máis apagadas que destacan en contraste co negro utilizado como fondo.