Comentarios
A composición organízase cun orixinal encadre diagonal da paisaxe no que, de forma ordenada, se suceden barcos atracados e grandes grúas de potentes brazos, que surcan o ceo establecendo unha serie de fitos espaciais que conducen a vista cara o fondo. Trazos espontáneos e manchas adáptanse ó formato apaisado do papel con harmoniosa orquestración de ocres, verdes e marróns que alteran con vermellos.