Martín Muñoz

- INV:
- 3941
- Año de creación:
- 2005
- Dimensiones:
- 116 x 81 x 0
- Técnica:
- óleo sobre lenzo
Comentarios
A obra de Jano Muñoz é reflexiva e conceptual e está inmersa no hiperrealismo. Este retrato demostra os dotes dun pintor que ten un dominio total do debuxo e unha técnica impecable.A imaxe dun neno, neste caso o fillo do artista, de corpo enteiro e visto de fronte que sostén entre os seus brazos un oso de peluche, sobresae sobre un fondo escuro. Tanto a expresión como a actitude do neno son serias, mesmo parece que podería estar enfadado, un exemplo que revela as calidades dun pintor que manexa con precisión o pincel e crea un retrato de gran realismo e equilibrada composición.
Sobrio nas cores, utiliza tons grises, ocres e terras que envolven a imaxe nun halo de misterio. O trazo é firme, sen dar lugar a ningún erro. Utiliza o pincel con suavidade e elegancia e crea veladuras e matices que estremecen. Escolle a luz creando ambientes de gran beleza formal que lle deixan resaltar aquilo que máis lle interesa recalcar.