LA SAGRADA CENA

- INV:
- 3997
- Dimensiones:
- 100 x 200 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta con apliacións
Comentarios
A obra de Kaydeda proxéctase fóra do cadro xogando cos volumes, coas texturas, coa cor e coa forma. Preto da abstracción, experimenta cos materiais nunha continua busca que enche de luz e cor os seus cadros.Unha peza na que se recoñecen a area, o mar ennegrecido e a dor representada nas cruces negras. Sucesos acontecidos onde o artista denuncia a catástrofe da vertedura de petróleo nas costas galegas.
Constrúe unha obra de gran formato e simplicidade na composición onde mestura todo tipo de materiais: plásticos, madeira, pigmentos, cinzas, etc. Reutiliza o que a sociedade rexeita e dialoga contrapoñendo texturas, formas, luces e sombras. Admira os procedementos e as técnicas do mundo artesanal medieval e é con estes procedementos e materiais cos que experimenta na obra cun resultado realmente orixinal e xenuíno. Kaydeda valora o acto creador do artista cun proceso ao servizo da busca.