Comentarios
Temos aquí unha ampla perspectiva de campos, que se estenden por outeiros, deica ó horizonte, sobre o que se recortan fermosos cumes montañosos. Pinceladas longas e curtas móvense con liberdade en distintas direccións, traspoñendo á táboa das vibracións da luz, segundo as propias sensacións do artista sen altera-la base do debuxo. As casas pérdense entre a vexetación, cun rexistro de verdes, cadmios, marelos e marróns.
Exposiciones
"Gónzalez Prieto", Antolóxica, do 25 de xuño ó 20 de xullo de 1985, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo.
Reproducciones
"G. Prieto", nº 7 da serie "Grandes Artistas Gallegos", Catálogo da Antolóxica.