Comentarios
A paisaxe está estructurada ritmicamente por un sistema de montañas nas que os perfís se debuxan sobre o ceo. Campos e arboredas invaden as ladeiras entre as que se abre unha estrada que se perde cara ó fondo. O colorido varía coa vexetación e as luces, con predominio de ocres, marróns, verdes e azuis con toques rosas, aplicados cunha materia mesta sobre a que se realiza un raiado decorativo.