Auto de Fé

- INV:
- 4306
- Año de creación:
- 2007
- Dimensiones:
- 195 x 130 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Autorretrato da súa última etapa pictórica, a diferenza doutros retratos familiares, aquí reflíctese unha imaxe arrepiante e provocadora do artista.Recorre unha vez máis a influencias clásicas cunha temática de clara inspiración goyesca, co caparucho inquisitorial da figura e a turbada expresión do rostro. Unha mirada que expresa a desesperanza, mostrando a súa rebeldía ante a intolerancia humana. Estamos pois ante unha especie de esperpento ou traxicomedia, onde se evidencia o ideario do artista.
Dende o punto de vista técnico, móstrase o inconfundible estilo do autor con claros contrastes de luz e sombra. Crea unha luz purificadora que envolve a figura fronte ao ceo negro e que somete e aprisiona o corpo como unha especie de opresión física e psicolóxica. En palabras do propio autor "... ten que haber escuridade para que brille a luz".
Unha imaxe moi realista, cunha pincelada máis solta e de gran precisión no debuxo, case fotográfica, con clara inspiración en autores como Cristóbal Toral.