• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CAPEA EN UN PUEBLO DE CASTILLA

ARTURO SOUTO

CAPEA EN UN PUEBLO DE CASTILLA
INV:
4319
Año de creación:
1945
Dimensiones:
150 x 180 x 0
Técnica:
óleo sobre lenzo

Comentarios

Esta obra, realizada durante o período no que o artista vive en México, interpreta unha escena tradicional e de tipoloxía popular española. Na praza dunha vila de Castela, tal e como nos indica o título, a xente amontóase para ver a capea dun touro. A disposición dos elementos invita o espectador a observar a escena e a internarse nela. En primeiro e segundo plano, observamos a xente que goza da corrida e a area onde ten lugar a festa e, ao fondo, os edificios dunha praza, onde destaca unha magnífica igrexa.

Utilización dunha paleta de cores sobrias en gamas de ocres, vermellos e negros onde se emprega, con sorprendente soltura, unha pincelada curta, grosa e empastada na que se dilúen as formas das figuras e inclúen puntos de luz en lugares estratéxicos que axudan a conseguir a sensación espacial.

A densidade na materia apréciase en pinceladas fragmentadas, onde arrastra o pincel, golpéao ou móveo cargado de materia, cargando o cadro de texturas e as figuras de maior volumetría.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78